Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

Poesía Surrealista Galega II

  Domingo xeitoso cun ton cubano Lembra e desperta, bo día pra’ ir Ás Grades. Fíxa a mirada no progreso dos celtas e os mouros pequenos que se escoitan.   As pontes de Roma cheas de fentos, os fentos cheos de merda de porco, os porcos que xa non existen, e o río pasa por enriba sen limpar nada.   A magnitude das meigas borrouse, agora son dous xigas de espazo fixado, podería ir ó espazo hai anos, pero prefire atallar o tempo cunha pose.   Os castros son nosos e de Compay, que achégase ao fogo que vai provocar, e cumprindo coa perseveranza do pobo, o futuro lume atrae ó olvido. ------------------------------------------------------------------------------- Historia da Paradanta ou Andrés do Barro pasando por alí Eu vou mirando onde vexo a onde vexo é o pallar, o pallar dos carneiros da Cañiza.   Vou fixándome no louco naquel outro o mesmo bar, non me vendas o xamón que cheira mal.   Na Calzada dan pouco pan, e na praza non podo xogar. ¿Que