Poesía Surrealista Galega II

 

Domingo xeitoso cun ton cubano

Lembra e desperta,

bo día pra’ ir Ás Grades.

Fíxa a mirada no progreso dos celtas

e os mouros pequenos que se escoitan.

 

As pontes de Roma cheas de fentos,

os fentos cheos de merda de porco,

os porcos que xa non existen,

e o río pasa por enriba sen limpar nada.

 

A magnitude das meigas borrouse,

agora son dous xigas de espazo fixado,

podería ir ó espazo hai anos,

pero prefire atallar o tempo cunha pose.

 

Os castros son nosos e de Compay,

que achégase ao fogo que vai provocar,

e cumprindo coa perseveranza do pobo,

o futuro lume atrae ó olvido.

-------------------------------------------------------------------------------


Eu vou mirando onde vexo

a onde vexo é o pallar,

o pallar dos carneiros

da Cañiza.

 

Vou fixándome no louco

naquel outro o mesmo bar,

non me vendas o xamón

que cheira mal.

 

Na Calzada dan pouco pan,

e na praza non podo xogar.

¿Que dirán os viaxeiros

de fóra?

 

No camiño do río Deva

a rapaza non pode máis,

perdida cos xoves cacheiros

da comarca.

 

Acércome como unha miñoca

creo que non van escoitar,

como eu voulles zurrar

pra namorar.

 

Na Calzada dan pouco pan,

e na praza non podo xogar.

¿Que dirán os viaxeiros de fóra?

Perséguenme os máis cacheiros

volvo pra’ Cañiza,

na Botica hai un lugar

debaixo da praza.

 

Un aparcamento frío,

escuro como o meu lar,

pero xa que estou aquí

coa a rapaza...

 

Na Calzada dan pouco pan,

e na praza non podo xogar.

Que dirán os viaxeiros

de fóra?

 

Onde tes aquel lunar,

póñote os meus beizos

onde tes aquel lunar

vouche bicar.

 

Síntome que eu son Deus,

sinto que xa non teño sede

ainda que non teño sorte

polo que me espera.

 

Mentres a bico eu queiro máis,

mentres a bico entra a pai.

Velaí o canto triste

da capital.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Diverso control

Estudo: Tralas pegadas de Breogán I

Nas meniñas dos teus ollos