Poesía Surrealista Galega
CHEIRO A CENTEO E XAMÓN ASADO
Nas mañás cando abría o Pandereta,
soaban os galos da Botica,
Manoliño, tiraba pra' praza onde hai festa.
Nas mañás cando abría o Pandereta,
Xurxo bebía o viño da cunca rubia,
Aurelio lía as novas de ver quen rouba.
Nas mañás cando abría o Pandereta,
pan e festa.
Nas mañás cando abría o Pandereta,
a fonte cheábase de xente:
na Botica chegaba o verao.
---------------------------------------------------------------------------------
O YUPANQUI E A CERRAZÓN DAS IDEAS
E agora seguimos manexando
os cambios bruscos da vida.
No deserto levo un coxín,
en forma de carozo de pexego,
cunha cor alaranxada típica
do areal onde crecín.
Mentres o azul escuro,
terrible medo das temibles mulas,
embebedábase na xesta da lúa,
amiguiña da sen-razón.
E posibelmente as alimañas do presente,
das visións de Deus máis eu,
das crecentes e curtidas terras cheas,
poderán presumir cando queiran,
investigarán racimos de feitos,
cun xeito que non queiro rematar.
Pensan,
¿eles pensar?
Só deixan capacitar
a xesta monosílaba,
a arma revolta,
a esntrevista incorrecta,
¿e as rimas?
Sementes da natureza,
as rimas non vou levar.
---------------------------------------------------------------------------------------
ENTREVISTA Á DIVINA IDADE
¿Quen eres?
Non
¿Non falas?
Di
¿Entón es?
Mitade
¿E a outra?
Ti
¿Cómodo?
Envexa
¿Fogo?
Clarividencia
¿Sentidos?
Claro
¿Desexos?
Insatisfeitos
¿Revolucións?
Telepatía
¿Corazóns?
Metálicos
¿Que nos fixeches?
Dividir
¿Con qué fin?
Aquí
¿Tamén ó escribir?
Certo
¿Calmaste a mente?
Gris
¿E o obxectivo de vivir?
Anarquía
¿E o fin de morrer?
Estamos
¿Sentido da creación?
Ler
¿Sentido das guerras?
Armonía
¿Sentido do mal?
Ben
¿E sentir o ben?
Paz
¿Vemos máis alá?
Evidente
¿Para que?
Fogar
¿Memorias escacharradas?
Tecnoloxía
¿Relacións?
Extinguidas
¿Basura esquecida?
Fermosas
¿Sentido da vida?
Mercancía
¿Algo máis?
Tempo
¿Para rematar?
Tocar
Comentarios
Publicar un comentario