Estudo: Tralas pegadas de Breogán II
A aprendizaxe de Nel e o Faraón Cingdris (Rameses II)
O rei grego escita, Fenio Farsidth, tivo dous fillos: Naenbal (herdeiro do seu reino) e Nel (que nace na torre situada en Babilonia).
Sería doado para o seu lexítimo herdeiro: ensinarlle todo o necesario para que o seu reino situado no mar Exeo prosperara. Tería un adestramento estratéxico militar para evitar así o saqueo de bárbaros ou os temidos asedios ante os posibles reinos da zona. Tamén o rodearía un séquito de homes para asesorar decisións importantes para o seu reino e o seu pobo.
O seu outro fillo, Nel, obtivo unha aprendizaxe moi diferente. Este fillo de Babilonia recibiu a formación do coñecemento.
O rei Fenius quixo que Nel aprendese todas as linguas coñecidas das rexións anatoliana, árabe e exipcia. Para cumprir este fin, levou a 72 estudantes (escitas e babilonios) co seu fillo e proporcionou unha expedición con comida e roupa. O rei esperaba que en 3 anos puidesen transmitir os seus coñecementos por escrito para que os nomes propios -e responsables- desta viaxe perduraran ao longo da historia como exemplo para as futuras civilizacións.
Nel convértese nunha persoa iluminada entre os estudantes da expedición. Sendo o fillo do rei grego escitiano, é o líder e xefe do grupo. É coñecido entre os nobres escíticos, así como famoso na transmisión oral de comerciantes dos mares orientais do Mediterráneo. O seu nome chega a Exipto, ata a corte do faraón Cingdris (Ramsés II, fillo de Seti I), que o invita ao pazo, así como a establecerse no seu reino por un tempo.
O faraón Cingdris, orgulloso de traer a un home tan iluminado e famoso de terras afastadas, propón unha unión persoal entre a súa filla Escota e Nel. Ademais, obterán a herdanza do faraón en forma de terras á beira do mar Vermello (Cachipurunt).
Despois dun tempo asentado na costa do famoso mar Vermello, nacerá o fillo da súa unión que chamarán Gaedheal Glas.
Un día, un home queimado e sucio diríxese ao asentamento. Esta persoa diríxese a Nel e a súa comitiva: o seu nome é Aaron e trae a el miles de homes que se atopan fuxidos do Reino Exipcio.
Ghabhala, L., & Sánchez, S. R. (2010). Leabhar Ghabhala. The book of the invasions (Basic Pocket) (Spanish Edition) (1st ed.). Madrid, Spain: Ediciones Akal, S.A.
McNair, R. F. (2012). KEY TO NORTHWEST EUROPEAN
ORIGINS. AuthorHouse.
Comentarios
Publicar un comentario